Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia: Mapa literario de Vigo
Estamos moi contentos de recibir onte o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia polo proxecto Mapa Literario de Vigo
Estamos moi contentos de recibir onte o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia polo proxecto Mapa Literario de Vigo
Quizais sería porque na televisión estaban anunciando o episodio segundo da saga, pero aos miolos de Ricardo veu a imaxe dun Calbot neno entrando no cine Fraga, un día do ano 1977, para ver a estrea da Guerra das galaxias
Outras veces dedicabamos o tempo a camiñar por Samil ou polo Areal mentres o resío da noite acrecentaba en nós o degoiro de volver á agarimosa calor do fogar
A Gota de Leche. Margarita lembrábaa de ir coa avoa, alí, no canto da Ronda. Anunciábase antes de chegar polo son de instrumentos desafinados.
Eu collo o 11. Subín na parada que está á altura da antiga estación de Renfe. En…, non recordo agora a rúa. É unha das principais de Vigo. A que cruza coa Vía Norte e con…, ¿como se chama?
Decatouse de que os máis dos seus compañeiros de faenaeran analfabetos, e os que non o eran endexamais colleran un libro para aprender, para gozar co seu contido
Si, señor. Belarmino Somozas Rivas. Vive preto da igrexa de Santa Cristina de Lavadores. Anote.
O día está anubrado e case non hai xente cando cruzan cara á illa de Toralla
A el coñecíao dende que eu tiña uso de razón. Era un home peculiar que, por tempadas, deambulaba no barrio de Coruxo, entre o Vao e a Fontaíña
RETO LITERARIO: O MAPA LITERARIO DE VIGO Amor de Serea Jaureguizar Ed. Xerais Chéganos desde Vigo Zoo unha foto do libro Amor de serea. A Madrona “Pero que clase de xornalista es? Se levan os leóns da Madroa tampouco te decatarías? Queres mover o cu?” https://mapaliterariodevigo.com