Este ano queremos facer do Día das Escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación e o sacrificio.

Marta Sanz, comisaria da VIII Edición del Día de las Escritoras 2023

Illas Cíes en Prometo a flor de loto (1992)

Luz Pozo Garza (1922-2020)

«Nas Cíes descubrimos a pericia das aves

e a medida celeste onde reside a luz.

Bañámonos nas ondas

a compartir sulagos con dóciles palmípedas (…)»