Horario verán 2025
Horario de verán do 15 de xuño ao 15 de agosto
Horario de verán do 15 de xuño ao 15 de agosto
O pasado venres 30 de maio na biblioteca gozamos dunha nova sesión do ciclo Contos Dakí, unha proposta pensada para todas aquelas persoas que gozan da palabra contada, das historias con xeito e do humor coa retranca que nos caracteriza
Nesta nova sesión de A hora dos contos, acompañounos na biblioteca Silvia Penide, que veu contar e cantar o seu libro “Diferentes diferenzas”.
O pasado venres 16 de maio, na Biblioteca Xosé Neira Vilas celebramos o Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras, figuras fundamentais da nosa tradición oral e musical.
O pasado venres festexamos, xunto coas entidades sociais do Calvario, a festa dos Maios, unha tradición que seguimos a coidar con ilusión. Foi unha xornada de encontro, colaboración e festa, aberta tamén a toda a veciñanza.
A biblioteca Neira Vilas enchéuse dos contos de Celso Sanmartín, sempre cheos de retranca e sempre contando coas nosas raíces galegas.
Ao longo das últimas semanas, na nosa biblioteca tivemos o pracer de acoller cinco visitas moi especiais organizadas para persoas usuarias da asociación AFAGA, dedicada ao acompañamento de persoas con alzhéimer.
O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha actividade moi especial arredor da obra Cantos do mar (Morgante, 2024)
Durante as vacacións, a nosa biblioteca acolleu unha actividade moi especial destinada ao público infantil: un obradoiro creativo da man de Electra de Pedras de Papel. Nenas, nenos e demais pequechos e pequechas participaron nunha xornada chea de imaxinación e aprendizaxe, onde puideron dar vida ás súas propias criaturas a través do modelado
Na última sesión de A hora dos contos, a nosa biblioteca encheuse de maxia, cantigas e moitas risas grazas á compañía Pavís Pavós, formada por Terexa e Xacobe