A hora dos contos: Olalla González e Marc Taeger
Olalla e Marc encheron a nosa biblioteca de palabras e cores coa súa sesión de contos
Olalla e Marc encheron a nosa biblioteca de palabras e cores coa súa sesión de contos
Nada mellor para pasar unha tarde de contos na biblioteca que participar nunha muiñada organizada por Caxoto!
Inauguaramos o mes de novembro coa Galica máxica que nos achegou Marta Ortiz, unha Galicia chea de tradición oral e historias contadas ao redor da lareira, que desta vez cobraron vida grazas aos obxectos cos que nos foi sorprendendo Marta a cada paso
Na sesión da Hora dos Contos de outubro tivemos o prazer de contar con Raquel Queizás e a súa maleta da avoa, que viña cargadiña de contos e lendas tradicionais, das que contaban as avoas polas noites ou durante as merendas
Nada mellor para pasar unha tarde de chuvia que facelo escoitando unha morea de contos da man de Bea Campos e Manuel Pombal, así que abrimos ben os ollos e as orellas para acompañar mergullanos nas súas historias
Pincelada a pincelada fomos descubrindo xunto as fermosas verbas de Olalla os contos que agochaban Marc e Olalla dentro da súa maleta
ioteca para contarnos Contos en lila, unhas historias para reflexionar sobre o mundo que queremos. Un mundo que non sexa nin azul nin rosa, se non unha mestura dos dous… un mundo lila.
Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos
da de castañas” achegámonos ao magosto como a celebración da despensa chea, das colleitas, do trigo e do millo (e o pan), da uva (e o viño), do mel, da matanza (e os chourizos)… e por suposto das castañas.
Ana Facchini regresou a biblioteca co súa sesión de contos “Tanto Conta, Conta Tanto”, onde heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas.