A hora dos contos Caxoto Biblioteca Neira Vilas Vigo

Nada mellor para pasar unha tarde de contos na biblioteca que participar nunha muiñada organizada por Caxoto!

Con el fomos aprendendo so sons e ritmos do muíño, e entre historias de pulgas que acaban convertidas en raíñas de todos os animais e galos que teñen moi mala pata, aprendimos tamén como esquivar charcos ou apagar lumes, e xa de paso, os puntos básicos para bailar unha animada muiñeira!