A serea Mariña, que nacera no mar, namorou de Froilán e quedou a vivir entre nós. Moito tivo que aprender sobre os nosos costumes e tradicións, pero tamén ela transmitiu os seus saberes ao seu fillo, Mariño, ao que lle contaba unha chea de historias sobre os segredos que hai no fondo dos oceános… Así foi como soubemos que a auga do mar é salgada porque un muíño nas profundidades mariñas non parará de botar sal ata que alguén lle diga “abonda xa”. E fomos tamén grazas a ela coñecedores de como a Balea, alá pola Patagonia hai unha morea de anos, botouse ao mar e cambiou as súas grandes patas por aletas…