Pavís pavós regresou á biblioteca coas maletas cheas de contos e cantigas para cativar a grandes e pequenos/as.
Esta sesión estivo chea de contos tradicionais como a “historia da filloa” que escapou da tixola, “A nena dos zapatiños de charol” ou o “Galo que ía a voda do seu tío Perico”; ademais dalgún hit como o da “Ra da boca grande” e algún conto actual como o de “Rei e Rei”.
Unha xornada chea de sorrisos e risas para pechar este o ciclo deste ano de A hora dos contos.