A hora dos contos: Cris de Caldas
Na nosa cita mensual cos máis pequenos da casa, Cris de Caldas achegounos unha chea de historias para reflexionar sobre a igualdade
Na nosa cita mensual cos máis pequenos da casa, Cris de Caldas achegounos unha chea de historias para reflexionar sobre a igualdade
Adaptación da exitosa novela de Isaac Rosa, mordente parábola sobre a precariedade laboral. Nunha nave industrial, once persoas son contratadas para facer o seu traballo fronte a un público: un albanel, un carniceiro, unha costurera, unha teleoperadora, un camareiro, un mozo, un mecánico, un informático e unha limpadora.
Regresou aos Contos Dakí, Celso Sanmartín, como di el para contar “as historias de vida” das que fai reflexións, tamén para contarnos lendas, panxoliñas e para agasallarnos coas súas cantigas
Na bibloteca celebramos o Día do Libro, e que mellor forma de facelo que achegarnos da man de Soledad Felloza aos textos dalgúns dos grandes nomes da Literatura dos dous lados do Atlántico, dende Borges e Benedetti, a Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro. Mergullámonos nas historias de mulleres fortes e valentes como a Aurora de La Tribuna ou a Micaelita Aránguiz de Pardo Bazán, que non quixo casar cun home que a mirara con tal desprecio só por un encaixe roto. E coñecimos tamén casos como do Padín de Carracedo de Cunqueiro e o seu famosísimo ollo de vidro […]
Adaptación cinematográfica da enigmática novela de Agatha Christie. Protagonizada pola gañadora dos Globos de Ouro, Glenn Close e a detective do fenómeno televisivo “Expediente X” Gillian Anderson
Durante os meses de maio e xuño a biblioteca amplía os seus horarios. A biblioteca abrirá os luns 3, 10, 24 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño en horario de mañá, de 10.30h a 14.00h a maiores do seu horario habitual.
Nesta ocasión visitou a biblioteca o Doutor Tilla de Patacas, que ademáis de loitar contra o virus e ameazar con facernos a todos unha PCR (coa escobilla do váter! ), confesounos que tamén se adicaba a contar historias. Así soubemos de Laura, unha nena que soñaba con converterse en pirata e que o día do seu cumpleanos tivo que buscar por todo o seu pobo un tesouro moi moi especial!
O 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os libros e a lectura entre o público máis novo
Se naciches entre ao Babby Boom e a xeración dos Millenials, é dicir entre os 1965-1980, e coñeces a todos os personaxes de Friends, canturreaches en mil ocasións o Nevermind de Nirvana e creciches vendo as pelis de Ethan Hawke (Realty Bites ou Antes del amanecer), non te equivoques: pertences á Xeración X
Onte, na nosa cita mensual cos Contos Dakí, e en véspera do Día Mundial do Teatro, visitounos un dos grandes da escena galega: Avelino González