OS CONTOS DE: OLALLA E MARC
Olalla González e Marc Taeger voltaron hoxe á biblioteca para compartir con nós unha sesión cargada de contos
Olalla González e Marc Taeger voltaron hoxe á biblioteca para compartir con nós unha sesión cargada de contos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de xaneiro visitounos Caxoto. Esta actividade foi retransmitida en liña.
A Biblioteca Xosé Neira Vilas comunica a súa reapertura nos horarios e cos servizos habituais, e con prazas limitadas ao 30% de capacidade, a partir de mañá 17 de febreiro
O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia, e para festexalo a biblioteca ofrece esta mostra do traballo de Deborah García Bello, lincenciada en Química e divulgadora científica
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín.
En base ao disposto na resolución 8/2021 de 26 de xaneiro e na Orde de 26 de xaneiro da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Biblioteca Neira Vilas pecha dende hoxe os seus servizos cara ao público
O pasado mes de decembro finou o mestre dos escritores de novelas de espías John le Carré, polo que durante este mes queremos recomendar a súa obra
Dende maña (14/01/2021) restablécense todos os servizos da biblioteca. A biblioteca funcionara con normalidade e seguridade tras arranxar a avaría no sistema de ventilación e climatización.
Para celebrar o Día do Usuario/a, premiamos cun lote de libros aos usuarios/as máis activos de cada categoría (adulto e infantil) para comezar o 2021 gozando das mellores lecturas
As novelas de espías forman xa un xénero literario que ten xerado magníficos títulos. Grandes autoras e autores como Agatha Christie o Phillip Kerr, Jonh le Carré ou Tom Clancy escribiron estupendos relatos cheos de confidentes e informadores que traspasaron as follas do libros e tomaron vida no cine e nas series de televisión.