Contos Dakí: Avelino González
Onte, na nosa cita mensual cos Contos Dakí, e en véspera do Día Mundial do Teatro, visitounos un dos grandes da escena galega: Avelino González
Onte, na nosa cita mensual cos Contos Dakí, e en véspera do Día Mundial do Teatro, visitounos un dos grandes da escena galega: Avelino González
O 24 de marzo de 2011 abría as portas por primeira vez a biblioteca. Ese día tivemos a sorte de contar con Xosé Neira Vilas para que inaugurase a biblioteca que leva o seu nome, nesa mesma xornada Cándido Pazó realizou un breve fragmento da adaptación da obra Memorias dun neno labrego, que ese mesmo ano celebraba 50 anos da súa primeira publicación en Buenos Aires
Hoxe acompañounos na Hora dos contos a gran Paula Carballeira, para achegarnos unha chea de historias nas que os animais foron os protagonistas
A comedia francesa máis vista do ano é a historia real dun grupo de traballadoras sociais que, ante o peche do seu centro municipal, organizáronse para continuar loitando
Gañadora do Premio do Público no Festival de Tribeca e representante de Suíza nos Óscar. Aquí hai moito de ” Sufragistas” pero sobre todo de ” Pride”. Unha historia con todas as da lei que ten o descaro de destapar esa idealizada Suíza como un dos últimos países no mundo que aprobou o sufraxio universal.
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e para reivindicalo y darlle visibilidade, durante este mes realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que trate sobre a muller e a súa loita pola igualdade de oportunidades na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Marzo Do 1 ao 30 de marzo Horario de apertura da biblioteca Lista bibliográfica Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo. máis información
Este mes no que se celebra o Día Interancional da Muller e o Día da Poesía, a nosa recomendación do mes é Olga Novo. Esta poetisa e ensaísta galega recibiu o Premio Nacional de Poesía no 2020 pola súa obra Feliz Idade.
Onte en Contos Dakí, Vero Rilo compartiu con nós unha chea de contos e historias de vida, desas contadas dende a emoción e que agochan boas dosis humor, pero tamén de sabedoría…
Olalla González e Marc Taeger voltaron hoxe á biblioteca para compartir con nós unha sesión cargada de contos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de xaneiro visitounos Caxoto. Esta actividade foi retransmitida en liña.