Entre arrolos e contiños

Entre arrolos e contiños

Bea e Manuel celebraron con nós o comezo do Entroido

Nesta sesións para bebés gozamos do conto de Mem Fox e Helen Oxenbury "Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés", logo fomos á festa de aniversario da balea acompañados "Polo camiño" do restos dos animaliños e aprendimos diferentes xogos tradicionais de mans.

A continuación deleitámonos escoitando o conto de "Lúa" de Antonio Rubio e Óscar Villán, xunto co clásico da "Ratiña fachendosa", onde os personaxes cobraron vida a partir dun calcetín.

Para fianlizar a festa cantamos e bailamos todo un clásico: "A saia da Carolina"

Visita alumnado de Integración Social

Visita alumnado de Integración Social

Tras a súa visita para coñecer a labor social das bibliotecas, o alumnado de 2º do ciclo de Integración Social do Colegio San José de la Guía regresou á Biblioteca Neira Vilas para poñer en prácica as súas experiencias

En colaboración coa Fundación Secretariado Xitano realizaron dúas proposas de actividades para desenvolver na biblioteca dentro do proxecto de Achegando Culturas.

Entroido Cultural

A primeira das actividades estaba enfoca aos rapaces e rapazas do programa "Promociona", e nela buscábase gozar do entroido preparando unhas "pantallas" e facendo un obradoiro de instrumentos con elementos de refugallo para finalizar cun gran fin de festa desfilando e bailando ao redor da biblioteca.

Cultura Violeta

O alumnado preparou esta actividade destinada ás mulleres xitanas do programa Calí co fin de empoderar a muller xitana e refrorzar os lazos entre culturas.

Con diferentes propostas de achegamento e cohesión grupal, chegouse a un encontro marabilloso onde se falou sen prexicios e sen medos de diferenes temas, dende a educación, a forma de enteder as relacións de parella ou da familia, ata dos valores e diferentes costumes.

Unha sesións chea de risas e algunha outra bágoa que ramotou da mellor das maneiras, cun baile e moitas palmas.

A biblioteca 2030. Obxectivo 9: Industria, innovación e infraestrutura. Mostra bibliográfica

A biblioteca 2030. Obxectivo 9: Industria, innovación e infraestrutura. Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica

Do 1 ao 28 de febreiro

Horario de apertura da biblioteca

A industrialización inclusiva e sostible, xunto coa innovación e a infraestrutura, poden dar renda solta ás forzas económicas dinámicas e competitivas que xeran o emprego e os ingresos. Estas desempeñan un papel clave á hora de introducir e promover novas tecnoloxías, facilitar o comercio internacional e permitir o uso eficiente dos recursos.
Con todo, aínda queda un longo camiño que percorrer para que o mundo poida aproveitar ao máximo este potencial. En especial, os países menos desenvolvidos necesitan acelerar o desenvolvemento dos seus sectores manufactureiros se desexan conseguir a meta de 2030 e aumentar o investimento en investigación e innovación científica.

A hora dos contos: Cris de Caldas e Xavi do Camiño

A hora dos contos: Cris de Caldas e Xavi do Camiño

A Cris de Caldas encántanlle os contos e o chocolate. Ou o chocolate e os contos, tanto ten. Pero tamén lle gusta a mortadela, como a que levaba o bocadillo que polas tardes lle preparaba de nena a súa avoa Carmela: sacábao do peto do seu mandil e acompañábao dunha boa historia, como por exemplo, a que se agocha detrás do conto dos "Tres porquiños" que todos coñecemos.

Así, e conducidos tamén pola música de Xavi do Camiño, soubemos das dificultades dunha parella de porquiños para atopar unha vivenda no bosque e de como tiveron tres fillos: un maior moi presumido, un mediano un pouco "hippie" e unha pequena moi espelida, que despois dunha mala experiencia cun lobo agochado nun armario, acabou estudando na escola de cantaría para facer unha casa de pedra do país a proba de alimañas…

E para rematar, unha pequena dose de poesía coa que levar ben equilibrada a nosa enerxía!



Día da Muller e a Nena na Ciencia

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo da celebración o 11 de febreiro do Día da Muller e a Nena na Ciencia, dende a biblioteca achegámonos todos os anos ao traballo que numerosas mulleres están a desenvolver en Galicia dentro do campo das STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Nesta ocasión acompañounos a doutora en bioloxía Eva Candal, coordinadora dun grupo de investigación NEURODEVO da Universidade de Santiago de Compostela, que se centra no estudo do desenvolvemento e evolución do sistema nervioso central e nas causas de diversas enfermidades neurodexenerativas do encéfalo e da retina.

Como se do Conto de Nadal de Charles Dickens se tratase, asomámonos á historia do pasado, do presente e do futuro da investigación no eido da reprogramación celular, que permite que calquera célula especializada madura poida ser reprogramadas para converterse nuha célula pluripotente capaz de desenvolverse en calquera tecido do corpo. Isto abre numerosas posibilidades ante a comunidade científica, que ten ante si un reto apaixonante no que todavía queda moito por andar. Nesta liña, o grupo NEURODEVO da USC estuda a reprogramación das neuronas en peixes, un paso crítico para poder substituír as neuronas que se perden nas enfermidades neurodexenerativas asociadas á idade.