O Ciclo Formativo Superior de Animación Socio-Cultural do IES Primeiro de Marzo de Baiona visitou a biblioteca para ver o espazo, os nosos servizos e tamén para coñecer de primeira man como é o traballo que realizamos na nosa biblioteca, en especial o noso programa de actividades.
Realizamos un breve repaso dalgunha das accións que levamos realizado estes anos na biblioteca e explicamos o noso xeito de programar, ao público ao que nos diriximos e como avaliamos as actividades.
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas conmemora hoxe, mércores día 11, o Día do Usuario/a co nomeamento como socios/as de honra a aquelas persoas usuarias que leron máis no ano 2022.
Faráselle entrega dun lotes de libros por ser os/as mellores lectores/as do ano pasado.
As persoas gañadoras na categoría de adultos son:
Carmen Sensat López
Oliva Rodríguez Pereira
Noelia Carollo Abelaira
As persoas gañadoras na categoría xuvenil/infantil son:
Obxectivo 10 Reducir as desigualdades e garantir que ninguén queda atrás forma parte integral da consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
ODS 10: Reducir as desigualdades. Mostra bibliográfica
Reducir as desigualdades e garantir que ninguén queda atrás forma parte integral da consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A desigualdade dentro dos países e entre estes é un continuo motivo de preocupación. A pesar da existencia dalgúns indicios positivos cara á redución da desigualdade nalgunhas dimensións, como a redución da desigualdade de ingresos nalgúns países e o status comercial preferente que beneficia aos países de baixos ingresos, a desigualdade aínda continúa.
Contos Dakí Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias [...]
Entre arrolos e contiños Os bebés compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa [...]
Inscrición: A partir do 17 de decembro Obradorio de papiroflexia Con motivo das festas do Nadal a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza un obradoiro que [...]