by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 6, 2025 | Bebés, Contacontos
Nesta nova sesión de Entre arrolos e contiños, a maxia chegou á biblioteca da man de Bea e Alicia. Bea trouxo as palabras e Alicia puxo a música, acompañando cada conto co son do acordeón… e tamén cun misterioso instrumento chamado handpan, que nos sorprendeu a todas...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 30, 2025 | Contacontos, Público Adulto
O pasado venres 30 de maio na biblioteca gozamos dunha nova sesión do ciclo Contos Dakí, unha proposta pensada para todas aquelas persoas que gozan da palabra contada, das historias con xeito e do humor coa retranca que nos caracteriza. Nesta ocasión visitounos...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 23, 2025 | Contacontos, Público infantil
Nesta nova sesión de A hora dos contos, acompañounos na biblioteca Silvia Penide, que veu contar e cantar o seu libro “Diferentes diferenzas”. Presentounos aos seus amiguiños, uns personaxes moi singulares: desde un galo mudo que mercou unha trompeta para traballar de...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 16, 2025 | Día das Letras Galegas
O pasado venres 16 de maio, na Biblioteca Xosé Neira Vilas celebramos o Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras, figuras fundamentais da nosa tradición oral e musical. Para renderlles homenaxe, organizamos un serán moi especial que contou coa...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 16, 2025 | Axenda 2030, Biblioteca social
O pasado venres festexamos, xunto coas entidades sociais do Calvario, a festa dos Maios, unha tradición que seguimos a coidar con ilusión. Foi unha xornada de encontro, colaboración e festa, aberta tamén a toda a veciñanza. Durante parte da mañá adicámonos á...