CONTOS DAKÍ. CRIS DE CALDAS
Despedimos o ano cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Cris de Caldas e as súas Mulleres de Conto
Despedimos o ano cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Cris de Caldas e as súas Mulleres de Conto
Paula Carballeira deleitounos cunhas historias cheas de pantasmas, pandeiretas, lobos e moralexas Non debes facer caso ás reprimendas do teu marido morto, así como non debes levar para casa unha caveira que recolles polo camiño e, sobre todo, se petan na túa porta ben entrada a noite non abras, mais abre un chisco a xanela, non vaia ser que sexa a morte que ven levar unha alma.
Unha vez máis na nosa biblioteca, os contos cobran vida con “Entre arrolos e contiños”, unha actividade deseñada especialmente para bebés a partir de 1 ano e as súas familias
Dani Blanco interpretou o conto O gato lambón. Este gato comellón papou a unha morea de xente, unha vella, unha contorsionista, un malabarista, un lanzador de coitelos…
Avelino González iniciou un ano máis o ciclo de contos para público adulto Contos Dakí
Para festexar o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, visitounos a compañía teatral Inventi Teatro cunha adaptación do seu espectáculo de rúa “As palabras perdidas”
Un ano máis regresamos co ciclo de contos adicado ao público infantil; para esta primeira xornada visitounos Caxoto, un dos nosos contadores habituais na biblioteca.
Nesta xornada coñecemos aos Villanos dos contos clásicos: a bruxa, o ogro e o lobo, que a pesar de ter moi mala prensa ás veces non son tan malos como os pintan, pero outras son aínda peor
Pechamos a tempada da Hora dos Contos cuns convidados de luxo, Olalla González e Marc Taeger.
Dentro da programación do Orgullo LGBT+ de Vigo, os colectivos Avante LGBT+ e Codimo, xunto coa escritora Lara Boubeta, presentáronnos un contacontos musicalizado