A hora dos contos: Migallas
Nada mellor para pasar unha tarde de chuvia que facelo escoitando unha morea de contos da man de Bea Campos e Manuel Pombal, así que abrimos ben os ollos e as orellas para acompañar mergullanos nas súas historias
Nada mellor para pasar unha tarde de chuvia que facelo escoitando unha morea de contos da man de Bea Campos e Manuel Pombal, así que abrimos ben os ollos e as orellas para acompañar mergullanos nas súas historias
María da Pontragha contou os contos de sempre, os dos vellos e os dos novos, os contos da vida cotiá, a dos pobos galegos onde a oralidade é moi importante
Espectáculo de versos e crónicas ao redor da obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha viaxe dende o Barco de Valdeorras a México. Unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente
Aínda que o refrán di que “en abril, augas mil”, este mes poidemos gozar da sesión de Contos Dakí ao calorciño na nosa terraza, na compaña inestimable de Brais das Hortas, que nos trouxo o seu repertorio de contos de defuntos
Moitas grandes mulleres da historia foron calificadas de estrafalarias só por non seguir as normas establecidas: Rosalía de Castro, Frida Kahlo, Gloria Fuertes…
Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia
Pincelada a pincelada fomos descubrindo xunto as fermosas verbas de Olalla os contos que agochaban Marc e Olalla dentro da súa maleta
Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan
Cosendo, tecendo e bordando pasan as horas a avoa, a nai e a tía… mentres, a nena enreda ao seu redor, escoitando as historias e cantigas que contan e cantan para facer máis levadeiro o labor.
Aproveitando a chegada do tren a Ourense e o Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario.