DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ARREDOR DE XELA. RAQUEL QUEIZÁS
Para continuar coas celebracións do Día das Letras Galegas e coa colaboración do SNL do Concello de Vigo tivemos a sorte de contar coa representación “Arredor de Xela”. Un espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos realizado por Raquel Queizás coma homenaxe á vida e á obra de Xela Arias.