by Biblioteca Neira Vilas | Out 1, 2021 | Contacontos, Público infantil
Ana Facchini regresou a biblioteca co súa sesión de contos “Tanto Conta, Conta Tanto”, onde heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser...
by Biblioteca Neira Vilas | Xul 5, 2021 | Contacontos, Público infantil
Bea Campos e Manuel Pombal regresaron á biblioteca para contarnos e cantarnos unha chea de contos relacionados co reciclaxe. Comezaron os contos coa historia de “Non é unha caixa” a historia dun coello que pode xogar a inventar 1001 historias e vivir...
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 4, 2021 | Contacontos, Público infantil
A serea Mariña, que nacera no mar, namorou de Froilán e quedou a vivir entre nós. Moito tivo que aprender sobre os nosos costumes e tradicións, pero tamén ela transmitiu os seus saberes ao seu fillo, Mariño, ao que lle contaba unha chea de historias sobre os segredos...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 19, 2021 | Contacontos, Día das Letras Galegas, Público infantil
Para continuar coas celebracións do Día das Letras Galegas e coa colaboración do SNL do Concello de Vigo tivemos a sorte de contar coa representación “Arredor de Xela”. Un espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos realizado por Raquel...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 7, 2021 | Contacontos, Público infantil
A COR ROSA NON É UNHA COR… Na nosa cita mensual cos máis pequenos da casa, Cris de Caldas achegounos unha chea de historias para reflexionar sobre a igualdade: puxemos mesa e mantel coa paxariña azul, acompañamos ao touro Ferdinando nas súas aventuras e gozamos con el...
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 9, 2021 | Contacontos, Público infantil
Nesta ocasión visitou a biblioteca o Doutor Tilla de Patacas, que ademáis de loitar contra o virus e ameazar con facernos a todos unha PCR (coa escobilla do váter! ), confesounos que tamén se adicaba a contar historias. Así soubemos de Laura, unha nena que soñaba con...