O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, xornada que adican os centros educativos a conmemorar unha cultura de non violencia e de paz.
A biblioteca uniuse a estas celebracións xunto con FICNOVA e organizou un pequeno ciclo de cine. Durante os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro visionamos na biblioteca dous traballos audiovisuais sobre a non violencia e a loita polo fin das armas nucleares. A continuación abrimos un pequeno debate onde o público analizou a situación actual e falou das diferentes formas de violencia que están presente na nosa sociedade e os pasos a dar para conseguir eliminala.