Esta semana recibimos na Neira Vilas varios grupos de AFAGA para que os/as usuarios/as coñecesen o noso espazo e os servizos da biblioteca.
A continuación realizamos unha pequena actividade sobre a figura do gran actor e director de cine británico Charles Chaplin onde puidemos coñecer máis sobre a súa vida e o seu legado.
A través de fragmentos das súas películas vimos como as súas vivencias e as súas orixes humildes marcan o seu traballo; onde sempre dende o humor fai unha crítica á sociedade e dálle voz (incluso no cine mudo) aos máis vulnerables, xa sexa un orfo, unha vendedora cega, un obreiro na época da Gran depresión, un soldado xudeu, os perseguidos polas súas opinións políticas ou un vagabundo.
Este xeito de entender o cine foi o que fixo de Chaplin un referente, e que case cen anos despois continuemos gozando, rindo e emocionándonos coas súas películas.
Sesións:
29 de novembro ás 10.00 h
29 de novembro ás 16.00 h
1 de decembro ás 10.00 h