As palabras perdidas. Inventi Teatro
Para festexar o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, visitounos a compañía teatral Inventi Teatro cunha adaptación do seu espectáculo de rúa “As palabras perdidas”.
Bea e Marcos fixeron gozar ao público familiar con esta historia de dous personaxes tolos entusiasmados polo descubrimento dun libro que oculta moitas sorpresas.
Un libro único que dende hai tempo ninguén le e que pola falta de uso perdeu algunha das súas palabras, xa que as verbas que non se empregan, igual que sucede coas linguas, desaparecen.
Así, estes dous personaxes atolondrados fixeron todo o posible para recuperar esas palabras perdidas: cantar, bailar, cociñar, apócemas secretas ou realizar trucos de maxia para que perduren así para sempre.