Luísa Villalta, Adagio!

Para esta xornada contamos coa presenza dun gran director de Orquestra, o Gran Mestre Caxoto. Aínda que este gran director resultou un pouco, digamos que estrafalario e olvidadizo…

Perdeu o amadísimo violín de Luísa Villalta, o que ela tanto quería e facía soar nas diferentes orquestras de Galicia, pero no seu lugar conseguiu que saíse música de distintos obxectos cotiáns, facendo unha melodía máxica con botellas a medio encher e un serroucho.

O gran mestre Caxoto encheu a sala con poemas de diferentes poetisas galegas dándolle voz aos fermosos versos de Luísa Villalta, Rosalía, Yolanda Castaño… e tamén cos versos dun dos nosos poetas favoritos, o ratiño Frederick.