Encontro con Arantxa Fernández. Anisia Miranda e a nación dispersa

Encontro
Arantxa Fernández
Anisia Miranda e a nación dispersa
Idade
Público
Prazas
Inscrición
A biblioteca convida a asistir á conferencia “Anisia Miranda e a nación dispersa”, impartida por Arantxa Fernández Crespo, profesora da Universidade da Habana, presidenta da Cátedra de Cultura Galega e investigadora das relacións entre Galicia e Cuba.
Partindo da idea de Xosé Neira Vilas de Galicia como unha “nación dispersa”, a charla achegarase á figura de Anisia Miranda, escritora, xornalista e incansable promotora da cultura galega, cuxa traxectoria vital e intelectual constitúe un exemplo do papel desempeñado pola emigración na conservación e difusión da nosa identidade.
A través da súa experiencia entre Cuba, Arxentina e Galicia, coñeceremos a súa contribución á literatura, ao xornalismo, ao labor editorial e á defensa da lingua e da cultura galegas, así como o legado que compartiu xunto ao seu marido Xosé Neira Vilas.
Un encontro para descubrir a historia dunha muller esencial e reflexionar sobre os lazos culturais que unen Galicia coa súa diáspora.
Próximos eventos
Un espazo para imaxinar, aprender e compartir
Desde contacontos, charlas literarias, ata talleres divulgativos. Cada evento está pensado para conectar co mundo literario.
Programación na biblioteca
Próximas sesións
Terrrazas de verán unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a música, a literatura e a ciencia como protagonistas.
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org



