Club de lectura: grupo xoves

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda das coordinadoras Marila Ruíz e Trini Puentes. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.