Arestora

Festa de pixamas para peluches

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo

A biblioteca organiza unha divertida Festa de pixamas para peluches. Convidamos aos nenos e nenas a deixar os seus peluches connosco durante a fin de semana para vivir unha experiencia única: ler contos, explorar a biblioteca e durmir nun lugar diferente. A partir do luns 15 de xuño poderán recollelos e descubrir, a través de fotos e pequenas sorpresas, todo o que fixeron durante a súa estadía. Unha actividade pensada para fomentar o vínculo coa lectura dun xeito orixinal e afectivo.