Data/hora


Data(s) - 13/10/2023

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos: O Mago Paco. Patapatún tun tun!!

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Nesta ocasión visítanos o Mago Paco co seu espectáculo Patapatún tun tun!!

O Mago Paco mostra a súa faceta máis tenra para achegar o mundo da maxia ós nenos e nenas máis cativas a través de xogos, disfraces, cancións, bonecos e historias.
De súpeto, todo ten maxia. Todo é maxiaaa!!! Só hai que berrar ben forte…

PATAPATÚNTUNTUN!!!

 

Idade


Público infantil dende 3 anos

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas