
Data/hora
Data(s) - 27/03/2026
Hora 18:30 - 19:30
Presentación do libro “Antón. Uno más, nada menos”, de Antón Fontao
FOANPAS, a federación que reúne as asociacións de pais e nais do alumnado de Vigo e comarca, ofrécenos a oportunidade de achegarnos á obra Antón. Uno más, nada menos, que recompila os textos escritos en forma de diario por Antón Fontao Saavedra desde os 14 anos ata o momento no que acada a maioría de idade. Ao longo destas páxinas, o autor constrúe un relato íntimo que transcende o diario adolescente para converterse nunha testemuña profunda sobre a vivencia da discapacidade, a soidade e a invisibilidade durante a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria.
A escritura cumpre para Antón unha función claramente terapéutica, pero o libro é tamén unha reivindicación do seu lugar no mundo. Tal e como indica o título, reclama ser un máis, non un menos, sen pedir permiso nin inclusión nun espazo que tamén lle pertence por dereito. Autoeditada polo autor e a súa familia, a obra aspira a visibilizar a realidade do alumnado con discapacidade e a interpelar a toda a comunidade educativa sobre as consecuencias do illamento e da soidade, entendidas como unha forma de maltrato.
Organiza: FOANPAS

Prazas
Aforo limitado.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

