Obradoiro Verceder Biblioteca Neira Vilas

Verdecer: Oasis Urbanos é unha actividade cuxo obxectivo principal é que os rapaces/zas estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, cidade)  tomando conciencia da importancia da natureza e os elementos vexetais así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades.

Neste obradoiro aproximámonos da man de Sheila García aos conceptos de arquitectura sostible a través do xogo; construímos a maqueta dun espazo público na que cada neno/a proxectaba a súa propia idea de cidade, creando os seus espazos de xogo, de reunión, de vida.

En definitiva, unha estupenda forma de gozar do tempo libre nestas vacacións de Nadal.