Unímonos ás celebracións do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño) para lembrar a todos o papel importante que teñen os océanos na vida cotiá. Eles son os pulmóns do noso planeta, a maior parte do osíxeno que respiramos. Nacións Unidas quere con este Día concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos, coa fin de mobilizar e unir á poboación mundial ao redor do obxectivo da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.
En deninitiva, esta celebración é un bo motivo para celebrar xuntos a beleza, a riqueza e o potencial dos océanos.
Xuño
Do 1 ao 30 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
Esta biblioteca apoia os ODS
“O océano: vida e medio de subsistencia” é o tema do Día Mundial dos Océanos 2021, un ano no que á súa vez arrincamos unha década de desafíos para lograr o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14: “Conservar e utilizar de maneira sostible os océanos, os mares e os recursos mariños” para 2030.
Lista bibliográfica
Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.