Efilm Vigo: Mi mejor amigo
by Biblioteca Neira Vilas | Set 11, 2023 | EfilmVigo, Filmografía eFilmVigo
Nas aulas Mi mejor amigo Ferit Karahan Unha desgarradora e inesquecible epopea infantil onde dous nenos orfos deberán sortear todo tipo de obstáculos para facer fronte a un sistema tiránico e opresor. Unha historia de amizade pura que combina a dureza do seu escenario...
A biblioteca 2030. Obxectivo 3: Educación e calidade
by Biblioteca Neira Vilas | Set 10, 2023 | Axenda 2030, Mostras bibliográficas
É de capital importancia aumentar os esforzos encamiñados a reforzar a función que desempeña a educación na plena realización dos dereitos humanos, a paz, o exercicio responsable da cidadanía local e global, a igualdade de xénero, o desenvolvemento sostible e a saúde....
Neruda: Recomendación do mes
by Biblioteca Neira Vilas | Set 10, 2023 | Mostras bibliográficas, Recomendación do mes
50 aniversario da morte de Neruda 2023 é o ano do cantor do amor e da loita, do “máis grande poeta do século XX en calquera idioma”, segundo García Márquez. O Nobel de 1971 marcou o rumbo das letras hispanoamericanas e foi, segundo a Academia Sueca, autor de “unha...
Obradoiro Máscaras de Picasso
by Biblioteca Neira Vilas | Ago 21, 2023 | Infantil, Obradoiro
Este ano Picasso continuamos na biblioteca homenaxeando a este gran artista do S. XX. Para esta ocasión realizamos un obradoiro para público infantil recreando as máscaras que tanto lle interesaron ao artista malagueño e que serviron de inspiración para a súa obra...
Obradoiro: Banco de reciclaxe electrónica
by Biblioteca Neira Vilas | Xul 7, 2023 | Infantil, Obradoiro
Enxeñería sen fronteiras visitou a biblioteca para ofrecernos un obradoiro de Banco de reciclaxe electrónica. Nesta xornada amosáronnos os obxectivos que procuran como a soberanía dixital (dereito a reparar os nosos equipos, dereito a privacidade…), a...
Festa de pixamas para peluches
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 18, 2023 | Festa pixama
Un ano máis celebramos a festa de pixamas para peluches, na que convidamos ás nenas e nenos a deixar durante a fin de semana aos seus amigos de trapo na biblioteca. Foron uns días moi divertidos nos que leron contos, xogaron, fixeron novas amizades e mesmo nos...
Entre arrolos en contiños
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 16, 2023 | Bebés, Contacontos
Despedimos a tempada cunha nova sesión de Entre arrolos e contiños con Bea Campos e Manuel Pombal, que nos achegaron unha morea de contos dirixidos aos máis cativos/as da casa. Osiños que van para a cama, eiruguiñas larpeiras, bechos estraños ou ratos de cores...
A hora dos contos: PAVÍS PAVÓS
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 9, 2023 | Contacontos, Público infantil
Pavís pavós regresou á biblioteca coas maletas cheas de contos e cantigas para cativar a grandes e pequenos/as. Esta sesión estivo chea de contos tradicionais como a “historia da filloa” que escapou da tixola, “A nena dos zapatiños de charol”...
Un universo de contos: AFAGA
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 8, 2023 | Afaga, Axenda 2030, Biblioteca social
Dende o principio dos tempos a humanidade xogou a imaxinar a forma que se debuxaba nas nubes e tamén que figuras se formaban no noso ceo noctucno nas noites estreladas. Deste xogo foron tomando nome as nosas constelacións, onde imaxinaron deuses, heroes e criaturas...Busca
Axenda actividades
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
31
1
5
6
7
8
10
12
13
15
16
17
18
19
20
21
22
24
27
28
29
30
1
2
3
4
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

09/04/2025
19:30 - 20:30
Encontro co escritor Javier Peña, creador e condutor do exitoso pódcast Grandes Infelices e autor de Tinta invisible. A súa obra explora as complexas relacións humanas a través das historias de escritores/as e personaxes que se debaten entre a realidade e a ficción, entre a felicidade e a infelicidade. A súa vida e a súa obra están marcadas por unha reflexión constante sobre as contradicións que definen a nosa existencia: desde a autoestima ata o ego, a inseguridade ou o sufrimento.
A xornada será unha oportunidade única para coñecer ao autor detrás de libros como Agnes e infelices, onde mestura a súa mirada sobre a condición humana coa súa mestura de realidade e imaxinación. Durante o encontro, Javier Peña compartirá o seu proceso creativo e as claves de súa narrativa, que atrapa ao lector/a en experiencias deslumbrantes e profundas.
14/04/2025
11:00 - 13:00
A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro lúdico e creativo para as nenas e nenos durante o período vacacional de Semana Santa. Este momento é ideal para fomentar a lectura e a expresión artística, aproveitando que as cativas e os cativos están libres das súas cargas lectivas. O obradoiro titúlase Bestiario animal e consiste nunha actividade de escultura con papel, utilizando unha técnica sinxela e divertida. A partir de materiais reciclados como papel, cinta e pintura, as persoas participantes poderán crear figuras en volume que, aínda que teñen unha temática animal, tamén poderán ser personalizadas ao gusto de cadaquén. A actividade está pensada para estimular a imaxinación e as habilidades das nenas e nenos, promovendo, ao mesmo tempo, o respecto polo medio ambiente a través do uso de material reciclado.
23/04/2025
19:30 - 20:30
Celebramos o Día do Libro, o 23 de abril, cunha charla especial sobre o libro Cantos do mar (Morgante, 2024), a primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XX. Esta obra tamén inclúe a tradución e comentario de tres temas de orixe francófona pola súa relevancia no xénero. Durante a charla, exploraremos a historia das celeumas como parte da música de tradición popular, a súa clasificación e a súa conexión coa música actual. Ademais, posto que as traducións permiten que os temas sexan cantados, a presentación contará con interpretacións en directo dunha selección destas cantigas. Contaremos coa presenza de Susana Rodríguez Barcia e Pablo Vázquez Varela, que nos guiarán neste percorrido sonoro. Esta actividade será unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a tradición musical e a súa importancia na nosa cultura.
25/04/2025
19:30 - 20:30
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Fernández Sanmartín.
Reflexións
Linktree biblioteca
Mapa literario de Vigo
Outros proxectos
Sobre esta web
Busca
Outros proxectos
Linktree
Ligazóns de interese