11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 14, 2025 | Día da Muller e a Nena na Ciencia
O SECUESTRO DE MATILDA O pasado venres celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia e a biblioteca, en colaboración coa Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, organizou un escape room cheo de misterio e divulgación científica. A actividade,...
Visita da Asociación Érguete á nosa Biblioteca
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 14, 2025 | Biblioteca social
O venres 14 de febreiro tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca ao Grupo de Autocoidados para Mulleres da Asociación Èrguete. Durante a visita, fixemos un percorrido polas instalacións e lles presentamos todos os recursos dispoñibles que poden ser do seu...
Contos Dakí: Dani Blanco e Zé Pumar
by Biblioteca Neira Vilas | Xan 31, 2025 | Contacontos, Público Adulto
A biblioteca viviu unha noite máxica dentro do ciclo CONTOS DAKÍ, cun cheo total da sala e un público entregado. Nesta ocasión, tivemos a sorte de contar unha vez máis co narrador Dani Blanco, que nesta visita veu acompañado do músico acordeonista Zé...
Os clubs de lectura visitan a Sala de Teatro Ártika
by Biblioteca Neira Vilas | Xan 30, 2025 | Club de lectura
O pasado xoves 30 de xaneiro, os clubs de lectura da biblioteca realizaron unha visita moi especial á Sala de Teatro Ártika, un espazo escénico en Vigo. Tras a lectura de Los huerfanitos de Santiago Lorenzo, unha novela que retrata con humor as dificultades do mundo...
A HORA DOS CONTOS. RAQUEL QUEIZÁS: CIMEMA MARABILLA
by Biblioteca Neira Vilas | Xan 24, 2025 | Contacontos, Público infantil
Unha nova sesión da Hora dos Contos na que da man de Raquel Queizás gozamos dun pase de cinema mudo inspirado en contos clásicos e literatura marabillosa. As crianzas e as súas familias descubriron como moitas das personaxes máis coñecidas do cine naceron nos libros,...
Charla-Obradoiro sobre manga
by Biblioteca Neira Vilas | Xan 17, 2025 | Biblioteca social
O venres 17 de xaneiro visitou a nosa biblioteca a rapazada de Arela e para esta ocasión a biblioteca organizou unha actividade que combinou aprendizaxe, creatividade e cultura: unha charla-obradoiro sobre manga. A xornada comezou cunha charla introdutoria sobre o...
DÍA DO USUARIO/A NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS
by Biblioteca Neira Vilas | Xan 11, 2025 | Día do usuario/a
Este ano quixemos recoñecer a dedicación e amor polos libros das persoas máis activas da nosa biblioteca. Por iso, premiamos con un lote de libros a aqueles/as que destacaron nas categorías adulto e infantil. Categoría Adulto/a: Alfonso Figueiras Marcos Cortés Josefa...
CONTOS DAKÍ. CRIS DE CALDAS
by Biblioteca Neira Vilas | Dec 27, 2024 | Contacontos, Público Adulto
Despedimos o ano cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Cris de Caldas e as súas Mulleres de Conto. Unhas mulleres fortes e resoltas, que fixeron o necesario para saír adiante e superar as dificultades que lles presentaba a vida, como a avoa Carmela, á...
Nadal 2024
by Biblioteca Neira Vilas | Dec 20, 2024 | Ilustración, Nadal
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2025 boas lecturas! Ilustración: Agustina ShuanBusca
Axenda actividades
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
31
1
5
6
7
8
10
12
13
15
16
17
18
19
20
21
22
24
27
28
29
30
1
2
3
4
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

09/04/2025
19:30 - 20:30
Encontro co escritor Javier Peña, creador e condutor do exitoso pódcast Grandes Infelices e autor de Tinta invisible. A súa obra explora as complexas relacións humanas a través das historias de escritores/as e personaxes que se debaten entre a realidade e a ficción, entre a felicidade e a infelicidade. A súa vida e a súa obra están marcadas por unha reflexión constante sobre as contradicións que definen a nosa existencia: desde a autoestima ata o ego, a inseguridade ou o sufrimento.
A xornada será unha oportunidade única para coñecer ao autor detrás de libros como Agnes e infelices, onde mestura a súa mirada sobre a condición humana coa súa mestura de realidade e imaxinación. Durante o encontro, Javier Peña compartirá o seu proceso creativo e as claves de súa narrativa, que atrapa ao lector/a en experiencias deslumbrantes e profundas.
14/04/2025
11:00 - 13:00
A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro lúdico e creativo para as nenas e nenos durante o período vacacional de Semana Santa. Este momento é ideal para fomentar a lectura e a expresión artística, aproveitando que as cativas e os cativos están libres das súas cargas lectivas. O obradoiro titúlase Bestiario animal e consiste nunha actividade de escultura con papel, utilizando unha técnica sinxela e divertida. A partir de materiais reciclados como papel, cinta e pintura, as persoas participantes poderán crear figuras en volume que, aínda que teñen unha temática animal, tamén poderán ser personalizadas ao gusto de cadaquén. A actividade está pensada para estimular a imaxinación e as habilidades das nenas e nenos, promovendo, ao mesmo tempo, o respecto polo medio ambiente a través do uso de material reciclado.
23/04/2025
19:30 - 20:30
Celebramos o Día do Libro, o 23 de abril, cunha charla especial sobre o libro Cantos do mar (Morgante, 2024), a primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XX. Esta obra tamén inclúe a tradución e comentario de tres temas de orixe francófona pola súa relevancia no xénero. Durante a charla, exploraremos a historia das celeumas como parte da música de tradición popular, a súa clasificación e a súa conexión coa música actual. Ademais, posto que as traducións permiten que os temas sexan cantados, a presentación contará con interpretacións en directo dunha selección destas cantigas. Contaremos coa presenza de Susana Rodríguez Barcia e Pablo Vázquez Varela, que nos guiarán neste percorrido sonoro. Esta actividade será unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a tradición musical e a súa importancia na nosa cultura.
25/04/2025
19:30 - 20:30
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Fernández Sanmartín.
Reflexións
Linktree biblioteca
Mapa literario de Vigo
Outros proxectos
Sobre esta web
Busca
Outros proxectos
Linktree
Ligazóns de interese