8M: Día Internacional da Muller
by Biblioteca Neira Vilas | Mar 8, 2026 | 8M
Reivindicamos a igualdade e os dereitos das mulleres. ♀️ Vivas, diversas e unidas pola igualdade! 📚 Bibliotecas que empoderan! 📖 Ler faite libre!
8M. Entidades de Social Calvario
by Biblioteca Neira Vilas | Mar 6, 2026 | 8M, Biblioteca social
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a biblioteca participou xunto coas entidades que forman parte de Social Calvario —a rede de organizacións do barrio que traballan no ámbito da inclusión social con colectivos en situación de vulnerabilidade— nun...
Contos Dakí. Celso F. Sanmartín
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 27, 2026 | Contacontos, Público Adulto
Na nova sesión de Contos Dakí, o ciclo de contacontos para público adulto da biblioteca, vivimos unha tarde inesquecible. A sesión de febreiro tivo unha acollida espectacular: a biblioteca estaba co aforo completísimo e o ambiente cheo de expectación e ganas de...
A fala de Vigo
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 25, 2026 | Encontro con escritores
Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, a biblioteca acolleu a actividade A fala de Vigo: Encontro con Xosé Henrique Costas González, unha cita moi especial arredor da nosa lingua. O autor, recoñecido filólogo e profesor da Universidade de Vigo, compartiu...
Entre arrolos e contiños
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 20, 2026 | Bebés, Contacontos
O venres 20 celebramos unha nova sesión de Entre arrolos e contiños, o noso ciclo de contacontos para crianzas de 1 a 3 anos e as súas familias, que busca un achegamento aos contos, ás cancións e á palabra nun ambiente agarimoso e participativo. Nesta ocasión, da man...
Ahora dos contos: ROMARÍA
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 13, 2026 | Contacontos, Público infantil
O pasado mes de febreiro celebramos na biblioteca unha sesión moi especial da Hora dos Contos, que nesta ocasión coincidiu co Entroido. A sala encheuse de cor e alegría, con moitas nenas e nenos disfrazados que viñeron preparados para gozar dunha tarde chea de...
A nena que perdeu un zapato na lama
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 12, 2026 | Día das Letras Galegas, Encontro con escritores
A biblioteca acolleu a presentación de A nena que perdeu un zapato na lama, o novo libro de Ramón Nicolás, con ilustracións de Carlos Gallego. O acto reuniu a numeroso público e serviu como primeiro acto en Galicia para render homenaxe a Begoña Caamaño, a quen este...
Coñece o teu solo pélvico
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 11, 2026 | Día da Muller e a Nena na Ciencia
Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia organizamos, en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, unha charla coa Dra. Iria Da Cuña Carrera. O solo pélvico é un conxunto de músculos que se atopa na nosa cavidade...
CONTOS DAKÍ. Caxoto e os seus contos desvergoñados
by Biblioteca Neira Vilas | Xan 30, 2026 | Contacontos, Público Adulto
A biblioteca acolleu a primeira sesión de Contos Dakí de 2026 cunha proposta tan divertida como irreverente da man de Caxoto, que presentou Don Carnal: Contos desvergoñados, unha escolma de historias cun ton picante e provocador, perfecta para ir quentando motores de...Busca
Axenda actividades
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
31
1
5
6
7
8
10
12
13
15
16
17
18
19
20
21
22
24
27
28
29
30
1
2
3
4
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

09/04/2025
19:30 - 20:30
Encontro co escritor Javier Peña, creador e condutor do exitoso pódcast Grandes Infelices e autor de Tinta invisible. A súa obra explora as complexas relacións humanas a través das historias de escritores/as e personaxes que se debaten entre a realidade e a ficción, entre a felicidade e a infelicidade. A súa vida e a súa obra están marcadas por unha reflexión constante sobre as contradicións que definen a nosa existencia: desde a autoestima ata o ego, a inseguridade ou o sufrimento.
A xornada será unha oportunidade única para coñecer ao autor detrás de libros como Agnes e infelices, onde mestura a súa mirada sobre a condición humana coa súa mestura de realidade e imaxinación. Durante o encontro, Javier Peña compartirá o seu proceso creativo e as claves de súa narrativa, que atrapa ao lector/a en experiencias deslumbrantes e profundas.
14/04/2025
11:00 - 13:00
A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro lúdico e creativo para as nenas e nenos durante o período vacacional de Semana Santa. Este momento é ideal para fomentar a lectura e a expresión artística, aproveitando que as cativas e os cativos están libres das súas cargas lectivas. O obradoiro titúlase Bestiario animal e consiste nunha actividade de escultura con papel, utilizando unha técnica sinxela e divertida. A partir de materiais reciclados como papel, cinta e pintura, as persoas participantes poderán crear figuras en volume que, aínda que teñen unha temática animal, tamén poderán ser personalizadas ao gusto de cadaquén. A actividade está pensada para estimular a imaxinación e as habilidades das nenas e nenos, promovendo, ao mesmo tempo, o respecto polo medio ambiente a través do uso de material reciclado.
23/04/2025
19:30 - 20:30
Celebramos o Día do Libro, o 23 de abril, cunha charla especial sobre o libro Cantos do mar (Morgante, 2024), a primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XX. Esta obra tamén inclúe a tradución e comentario de tres temas de orixe francófona pola súa relevancia no xénero. Durante a charla, exploraremos a historia das celeumas como parte da música de tradición popular, a súa clasificación e a súa conexión coa música actual. Ademais, posto que as traducións permiten que os temas sexan cantados, a presentación contará con interpretacións en directo dunha selección destas cantigas. Contaremos coa presenza de Susana Rodríguez Barcia e Pablo Vázquez Varela, que nos guiarán neste percorrido sonoro. Esta actividade será unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a tradición musical e a súa importancia na nosa cultura.
25/04/2025
19:30 - 20:30
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Fernández Sanmartín.
Reflexións
Linktree biblioteca
Mapa literario de Vigo
Outros proxectos
Sobre esta web
Busca
Outros proxectos
Linktree
Ligazóns de interese