Ciclo formativo Educación Infantil

Ciclo formativo Educación Infantil

Os alumnos dos ciclo superior de Educación Infantil do IES Chapela visitaron a biblioteca para coñecer de primeira man o funcionamento dunha biblioteca e ver os seus recursos.

Na visita descubrimos o xeito de organizar unha biblioteca para un público infantil, como seleccionar e clasificar os libros dun xeito adecuado para eles e como organizar unha pequena sesión de contos.

VISITA CRUZ VERMELLA

VISITA CRUZ VERMELLA

O Programa de Maiores da Cruz Vermella visitou a biblioteca para coñecela e achegala a este público e ás súas necesidades.

Durante a visita realizamos unha pequena actividade para acercarnos á figura do artista malagueño Pablo Ruiz Picasso, no ano que se celebra o 50ª aniversario da súa morte. Nela puidemos comentar algunha das súas obras máis coñecidas como o Guernica ou as Señoritas de Avingon e algunha anécdota da súa vida.

"El arte es una mentira que nos hace darnos cuenta de la realidad"

A hora dos contos: Xarope Tulú. Día do Libro

A hora dos contos: Xarope Tulú. Día do Libro

Espectáculo ''Roupa Tendida''

Con motivo da celebración do Día do Libro, contamos na Hora do Contos cunha invitada moi especial na biblioteca, Atenea García, e o seu espectáculo ''Roupa Tendida''.

Os máis cativos e as súas familias gozaron de xeito moi presente da narración dos diferentes contos, dos títeres de Atenea e tamén da súa música de pandeireta. Música que consegiu incluso que o sol se deixase ver, nun día pasado por auga tan propio do mes de abril.

ACHEGANDO CULTURAS: Picasso

ACHEGANDO CULTURAS: Picasso

Na biblioteca Xosé Neira Vilas, levamos a cabo un novo encontro do programa "Achegando Culturas" coa Fundación Secretariado Gitano.

Nesta ocasión recibimos a rapaces e rapazas, e puidemos coñecer máis de preto a vida e obra do artista Pablo Ruíz Picasso, pola conmemoración do 50 aniversario do seu falecemento, mediante diferentes actividades, como dinámicas de presentación, xogos como o ''Quen é quen'' baseado nas pinturas e esculturas do artista, así como un mural conxunto á maneira que máis lle gustaba a Picasso.

A BIBLIOTECA 2030. OBXECTIVO 16: Paz, xustiza e institucións solidarias

A BIBLIOTECA 2030. OBXECTIVO 16: Paz, xustiza e institucións solidarias

Con este obxectivo preténdese promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis.

Para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son necesarias sociedades pacíficas, xustas e inclusivas. As persoas de todo o mundo non deben ter temor a ningunha forma de violencia e teñen que sentirse seguras ao longo da súa vida, independentemente da súa orixe étnica, relixión ou orientación sexual.

Días de intemperie

Riveiro Coello, Antón (1964-) [autor].

XéneroAnoClasificación
Novela da vida cotiá2022Adulto

Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.

Mostra bibliográfica

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=15741