Raquel Queizas A Hora dos contos Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ARREDOR DE XELA. RAQUEL QUEIZÁS

Para continuar coas celebracións do Día das Letras Galegas e coa colaboración do SNL do Concello de Vigo tivemos a sorte de contar coa representación “Arredor de Xela”. Un espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos realizado por Raquel Queizás coma homenaxe á vida e á obra de Xela Arias.

Soledad Felona Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Día do Libro. Soledad Felloza

Na bibloteca celebramos o Día do Libro, e que mellor forma de facelo que achegarnos da man de Soledad Felloza aos textos dalgúns dos grandes nomes da Literatura dos dous lados do Atlántico, dende Borges e Benedetti, a Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro. Mergullámonos nas historias de mulleres fortes e valentes como a Aurora de La Tribuna ou a Micaelita Aránguiz de Pardo Bazán, que non quixo casar cun home que a mirara con tal desprecio só por un encaixe roto. E coñecimos tamén casos como do Padín de Carracedo de Cunqueiro e o seu famosísimo ollo de vidro […]

A Hora dos contos Caxoto Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

A hora dos contos: Caxoto

Nesta ocasión visitou a biblioteca o Doutor Tilla de Patacas, que ademáis de loitar contra o virus e ameazar con facernos a todos unha PCR (coa escobilla do váter! ), confesounos que tamén se adicaba a contar historias. Así soubemos de Laura, unha nena que soñaba con converterse en pirata e que o día do seu cumpleanos tivo que buscar por todo o seu pobo un tesouro moi moi especial!

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Xosé Neira Vilas – Memorias dun neno labrego

O 24 de marzo de 2011 abría as portas por primeira vez a biblioteca. Ese día tivemos a sorte de contar con Xosé Neira Vilas para que inaugurase a biblioteca que leva o seu nome, nesa mesma xornada Cándido Pazó realizou un breve fragmento da adaptación da obra Memorias dun neno labrego, que ese mesmo ano celebraba 50 anos da súa primeira publicación en Buenos Aires