Día do Usuario/a nas Bibliotecas Públicas
by Biblioteca Neira Vilas | Xan 11, 2024 | Día do usuario/a
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas conmemora hoxe, xoves día 11, o Día do Usuario/a, unha das nosas datas favoritas, xa que o noso público é o máis importante e o que dá sentido á nosa labor. Así, premiamos ás persoas máis lectoras do 2023 cun pequeno...
DÍA DAS BIBLIOTECAS: TECENDO COMUNIDADES, CON VLADIMIR KOSAREVSKIY
by Biblioteca Neira Vilas | Out 24, 2023 | Día da Biblioteca
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, unha data na que se pretende poñer en valor o labor destas institucións. Así, baixo o lema deste ano, “Tecendo Comunidades”, quixemos destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción...
VIII Edición Día de las Escritoras: El placer, la alegría y la risa de las mujeres
by Biblioteca Neira Vilas | Out 16, 2023 | Día das escritoras
Este ano queremos facer do Día das Escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú...
Día das Escritoras: Mostra bibliográfica
by Biblioteca Neira Vilas | Out 1, 2023 | Día das escritoras, Mostras bibliográficas
“El placer, la alegría y la risa de las mujeres” Aproveitando que este mes se celebra o VIII Día de las Escritoras baixo o lema “El placer, la alegría y la risa de las mujeres”, sumámonos á Biblioteca Nacional no seu obxectivo de “difundir o legado cultural das...
Francisco Fernández del Riego: Recomendación do mes
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 17, 2023 | Día das Letras Galegas, Mostras bibliográficas, Recomendación do mes
Día das Letras Galegas Do 1 ao 31 de maio Ao longo do mes de maio poderedes achegarvos á figura de Francisco Fernández del Riego homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2023, a través dunha mostra bibliográfica na que atoparedes unha escolma da bibliografía máis...Busca
Axenda actividades
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
31
1
5
6
7
8
10
12
13
15
16
17
18
19
20
21
22
24
27
28
29
30
1
2
3
4
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

09/04/2025
19:30 - 20:30
Encontro co escritor Javier Peña, creador e condutor do exitoso pódcast Grandes Infelices e autor de Tinta invisible. A súa obra explora as complexas relacións humanas a través das historias de escritores/as e personaxes que se debaten entre a realidade e a ficción, entre a felicidade e a infelicidade. A súa vida e a súa obra están marcadas por unha reflexión constante sobre as contradicións que definen a nosa existencia: desde a autoestima ata o ego, a inseguridade ou o sufrimento.
A xornada será unha oportunidade única para coñecer ao autor detrás de libros como Agnes e infelices, onde mestura a súa mirada sobre a condición humana coa súa mestura de realidade e imaxinación. Durante o encontro, Javier Peña compartirá o seu proceso creativo e as claves de súa narrativa, que atrapa ao lector/a en experiencias deslumbrantes e profundas.
14/04/2025
11:00 - 13:00
A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro lúdico e creativo para as nenas e nenos durante o período vacacional de Semana Santa. Este momento é ideal para fomentar a lectura e a expresión artística, aproveitando que as cativas e os cativos están libres das súas cargas lectivas. O obradoiro titúlase Bestiario animal e consiste nunha actividade de escultura con papel, utilizando unha técnica sinxela e divertida. A partir de materiais reciclados como papel, cinta e pintura, as persoas participantes poderán crear figuras en volume que, aínda que teñen unha temática animal, tamén poderán ser personalizadas ao gusto de cadaquén. A actividade está pensada para estimular a imaxinación e as habilidades das nenas e nenos, promovendo, ao mesmo tempo, o respecto polo medio ambiente a través do uso de material reciclado.
23/04/2025
19:30 - 20:30
Celebramos o Día do Libro, o 23 de abril, cunha charla especial sobre o libro Cantos do mar (Morgante, 2024), a primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XX. Esta obra tamén inclúe a tradución e comentario de tres temas de orixe francófona pola súa relevancia no xénero. Durante a charla, exploraremos a historia das celeumas como parte da música de tradición popular, a súa clasificación e a súa conexión coa música actual. Ademais, posto que as traducións permiten que os temas sexan cantados, a presentación contará con interpretacións en directo dunha selección destas cantigas. Contaremos coa presenza de Susana Rodríguez Barcia e Pablo Vázquez Varela, que nos guiarán neste percorrido sonoro. Esta actividade será unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a tradición musical e a súa importancia na nosa cultura.
25/04/2025
19:30 - 20:30
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Fernández Sanmartín.
Reflexións
Linktree biblioteca
Mapa literario de Vigo
Outros proxectos
Sobre esta web
Busca
Outros proxectos
Linktree
Ligazóns de interese