Arestora

Cita a cegas

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo

Ofrecémosvos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario.
Na biblioteca teredes á vosa disposición unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos desvelen o seu segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un frechazo a primeira vista!

Feira do Libro. Praza de Compostela

Feira do libro Praza de Compostela Praza de Compostela, Vigo

Unímonos a este proxecto literario onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrece a biblioteca.