• Club de lectura

    O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. […]

  • Sorpresa!. Arantxa Treus

    Esta obra de micro-teatro é unha festa de aniversario que Nora (Arantxa Treus), esposa fiel e nai entregada (e empastillada) lle prepara ao seu marido Alvarito de las Heras polo seu 40 aniversario. Quen levará a SORPRESA? SORPRESA é unha homenaxe ás nosas nais, mesmo a nós mesmas. É unha historia de segundas oportunidades e […]

  • Feira do Libro: Bibliolimpíadas

    Este ano baixamos á Feira do Libro coa vista posta nas Olimpíadas, que comezarán finalmente en Tokio o vindeiro 23 de xullo, despois de ter que ser canceladas o ano pasado. Achegarémosvos unha escolma da mellor literatura relacionada co mundo dos deportes e animarémosvos a afondar neste diálogo literario-deportivo resolvendo o noso Rosco bibliolímpico! Por […]

  • CONCURSO: “Isto non é unha caixa”

    Partindo do conto “Non é unha caixa” de Antoinette Portis, poñemos en marcha un concurso para público infantil e familiar no que vos propoñemos que, como o protagonista desta historia, transformedes unha caixa de cartón no que vos dite a vosa imaxinación! Iso si, usando sempre materiais de refugallo. Os traballos estarán expostos na biblioteca […]

  • CONTOS RECICLADOS. Migallas Teatro

    Bea Campos e Manuel Pombal achéganse á biblioteca para contarnos a historia dun coello con gran imaxinación ao que lle encanta inventar todo tipo de xogos. Tamén descubriremos con eles outras historias e contos “reciclados”. Idade A partir de 3 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 22 de xuño A […]

  • OBRADOIRO: de Cinemakis

    O obxectivodo obradoiro de teatriño de papel é ensinar aos rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun EMAKI clásico (teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergamiños ilusrados) e transformalo nun xoguete, co cal poidamos inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e a imaxinativa persoal de […]

  • OBRADOIRO: En galego mola

    Da man do Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo, realizamos estas sesións cheas de actividades de animación ao arredor da lingua galega. Xogando en Galego: Compartiremos unha experiencia feliz da man das palabras, as emocións que acompañan ás palabras; a lectura, os libros, e a toma de conciencia de que o galego é […]

  • OBRADOIRO: En galego mola

    Da man do Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo, realizamos estas sesións cheas de actividades de animación ao arredor da lingua galega. Xogando en Galego: Compartiremos unha experiencia feliz da man das palabras, as emocións que acompañan ás palabras; a lectura, os libros, e a toma de conciencia de que o galego é […]

  • Obradoiro de reciclaxe

    Dentro das actividades “Isto nón é unha caixa” realizaremos un obradoiro de reciclaxe con diferentes materiais de refugallo e que terá como fío condutor a temática do proxecto gañador do concurso “Isto non é unha caixa”. Idade A partir de 5 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 10 de agosto […]

  • Encontro con escritoras: Amara Castro

    Amara Castro Cid (Vigo, 1975) é licenciada en Xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca e máster en Linguas Aplicadas pola Universidade de Évora, en Portugal. A súa experiencia profesional conxuga a docencia, a tradución e o xornalismo. Autopublicou a súa primeira novela, Con esto y un bizcocho, que recibiu o Premio Círculo Rojo. El tiempo […]

  • Javier Marcos Trío

    Javier Marcos é unha das figuras máis destacadas do jazz feito en Galicia, cunha voz moi persoal que pode pasar por un crooner clásico ou abordar o cool jazz máis intimista. Dende 2012 lidera o seu propio trío con Felipe Villar na guitarra e José Manuel Díaz no contrabaixo. Un trío inspirado polo de Chet […]

  • Encontro con escritoras: María Reimóndez

    María Reimóndez (Lugo, 1975) ademais de escritora é tradutora e intérprete de profesión, destacando tamén a súa faceta como activista no campo da cooperación ao desenvolvemento, o feminismo ou a defensa da lingua galega. Como escritora abordou con éxito distintos xéneros literarios, como a narrativa, a poesía ou o ensaio, colleitando numerosos premios en todos […]