Programas escolares Luns
Cos programas escolares da Biblioteca Xosé Neira Vilas pretendemos dar a coñecer entre a comunidade educativa os servizos e recursos que ofertamos. Público Centros de ensino Prazas Prazas cubertas

Trátase dunha lectura pública de textos que teñen como fío condutor o Día das Letras Galegas. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a […]
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición […]
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda das coordinadoras Marila Ruíz e Trini Puentes. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

O club de lectura xuvenil é unha iniciativa coa que queremos achegar a biblioteca ao público mozo e compartir o pracer de ler cun bo libro entre as mans. Nun ambiente relaxado e participativo, comentaranse obras de distintos xéneros literarios, combinando o lado formativo da lectura co seu valor lúdico e inspirador.
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda das coordinadoras Marila Ruíz e Trini Puentes. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
Unha nova sesión de contos para bebés da man de Bea Campos, onde os/as máis pequenos/as da casa comparten coa familia un momento de pracer compartido, afastado do ruído e das présas cotiás. A través de contos, cancións e pequenos xogos, esta actividade busca espertar xa desde os primeiros anos o interese pola literatura e a tradición oral, creando un espazo cálido para gozar en compañía.
A biblioteca organiza unha divertida Festa de pixamas para peluches. Convidamos aos nenos e nenas a deixar os seus peluches connosco durante a fin de semana para vivir unha experiencia única: ler contos, explorar a biblioteca e durmir nun lugar diferente. A partir do luns 15 de xuño poderán recollelos e descubrir, a través de fotos e pequenas sorpresas, todo o que fixeron durante a súa estadía. Unha actividade pensada para fomentar o vínculo coa lectura dun xeito orixinal e afectivo.
Este mes de xuño, a biblioteca súmase á celebración do Día do Orgullo cunha actividade pensada para gozar en familia, aprender e compartir valores de respecto e diversidade
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos o contador Dani Blanco.