Día das Escritoras 2025
by Biblioteca Neira Vilas | Out 13, 2025 | Día das escritoras
Con esta actividade queremos recoñecer o talento, a creatividade e a diversidade das mulleres escritoras, e continuar contribuíndo á súa visibilidade e á igualdade no ámbito literario. O pasado 13 de outubro celebramos na nosa biblioteca a X edición do Día das...
A hora dos contos volve coa sesión “Unha de piratas!!” de Caxoto
by Biblioteca Neira Vilas | Out 10, 2025 | Contacontos, Público infantil
O pasado venres celebramos na biblioteca a primeira sesión do ciclo “A hora dos contos”, unha das actividades máis queridas polo noso público infantil e familiar. Para abrir esta nova tempada contamos coa presenza do contacontos Caxoto, que nos trouxo a súa divertida...
A linguaxe e a repetición: unha fascinante charla con David Tizón
by Biblioteca Neira Vilas | Set 26, 2025 | Charlas e conferencias
A nosa biblioteca acolleu esta semana unha interesante charla impartida por David Tizón, profesor titular da Área de Filoloxía Inglesa do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo. A actividade enmárcase dentro do programa G-Night...
Encontro con María Xosé Porteiro
by Biblioteca Neira Vilas | Set 11, 2025 | Encontro con escritoras
O pasado 11 de setembro tivemos o pracer de recibir na biblioteca a María Xosé Porteiro, dentro do programa das Terrazas de Verán, onde puidemos charlar distendidamente coa autora sobre algunhas das súas obras máis importantes, como Covardes, Sándalo e As benfaladas....
O regreso das Áureas ás terrazas de verán
by Biblioteca Neira Vilas | Set 4, 2025 | Concerto
O pasado xoves tivemos a sorte de volver contar coa presenza das Áureas, un conxunto “internacional” que xa nos visitara no ano 2017 e que regresou cun concerto cheo de vida e de enerxía. Nesta ocasión, o escenario foi a Praza da Memoria, o pequeno espazo...
Así foi “Conservas O Noso”
by Biblioteca Neira Vilas | Xul 4, 2025 | Infantil, Obradoiro
Na biblioteca pasámolo xenial co obradoiro “Conservas O Noso”, unha actividade creativa, divertida. Xuntámonos para envasar tradicións e meter en latas todo aquilo que forma parte da nosa identidade galega: desde contos que nos contaban as avoas ata...
Contacontos musicalizado: Piratrans Carabarco
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 17, 2025 | Contacontos, Público infantil
Hoxe tivemos na biblioteca un contacontos musicalizado de parte das asociacións Nós Mesmas e Avante LGBT+ Vigo. Coñecimos a historia do Piratrans Carabarco, o cal cada vez que se topaba con outro pirata sempre lle dicían a mesma frase “Ti non tes o que hai que...
Horario verán 2025
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 9, 2025 | Información xeral
Horario de apertura ao público Do 15 de xuño ao 15 de setembro LunsMartesMércoresXovesVenresSábadoMañá10.00 – 14.0010.00 – 14.0010.00 – 14.0010.00 – 14.0010.00 – 14.0010.00 – 14.00Tarde18.00 – 20.3018.00 – 20.3018.00...
A Festa dos Peluches
by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 6, 2025 | Festa pixama
Este venres a biblioteca encheuse de emoción coa chegada da Festa de Pixamas de Peluches! Despois dunha sesión de contos para as máis pequenas e pequenos de Entre Arrolos e Contiños, convidamos a deixar os peluches na biblioteca… pero non imaxinaban o que ía...Busca
Axenda actividades
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
31
1
5
6
7
8
10
12
13
15
16
17
18
19
20
21
22
24
27
28
29
30
1
2
3
4
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

09/04/2025
19:30 - 20:30
Encontro co escritor Javier Peña, creador e condutor do exitoso pódcast Grandes Infelices e autor de Tinta invisible. A súa obra explora as complexas relacións humanas a través das historias de escritores/as e personaxes que se debaten entre a realidade e a ficción, entre a felicidade e a infelicidade. A súa vida e a súa obra están marcadas por unha reflexión constante sobre as contradicións que definen a nosa existencia: desde a autoestima ata o ego, a inseguridade ou o sufrimento.
A xornada será unha oportunidade única para coñecer ao autor detrás de libros como Agnes e infelices, onde mestura a súa mirada sobre a condición humana coa súa mestura de realidade e imaxinación. Durante o encontro, Javier Peña compartirá o seu proceso creativo e as claves de súa narrativa, que atrapa ao lector/a en experiencias deslumbrantes e profundas.
14/04/2025
11:00 - 13:00
A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro lúdico e creativo para as nenas e nenos durante o período vacacional de Semana Santa. Este momento é ideal para fomentar a lectura e a expresión artística, aproveitando que as cativas e os cativos están libres das súas cargas lectivas. O obradoiro titúlase Bestiario animal e consiste nunha actividade de escultura con papel, utilizando unha técnica sinxela e divertida. A partir de materiais reciclados como papel, cinta e pintura, as persoas participantes poderán crear figuras en volume que, aínda que teñen unha temática animal, tamén poderán ser personalizadas ao gusto de cadaquén. A actividade está pensada para estimular a imaxinación e as habilidades das nenas e nenos, promovendo, ao mesmo tempo, o respecto polo medio ambiente a través do uso de material reciclado.
23/04/2025
19:30 - 20:30
Celebramos o Día do Libro, o 23 de abril, cunha charla especial sobre o libro Cantos do mar (Morgante, 2024), a primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XX. Esta obra tamén inclúe a tradución e comentario de tres temas de orixe francófona pola súa relevancia no xénero. Durante a charla, exploraremos a historia das celeumas como parte da música de tradición popular, a súa clasificación e a súa conexión coa música actual. Ademais, posto que as traducións permiten que os temas sexan cantados, a presentación contará con interpretacións en directo dunha selección destas cantigas. Contaremos coa presenza de Susana Rodríguez Barcia e Pablo Vázquez Varela, que nos guiarán neste percorrido sonoro. Esta actividade será unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a tradición musical e a súa importancia na nosa cultura.
25/04/2025
19:30 - 20:30
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Fernández Sanmartín.
Reflexións
Linktree biblioteca
Mapa literario de Vigo
Outros proxectos
Sobre esta web
Busca
Outros proxectos
Linktree
Ligazóns de interese