A CAIXA DAS ALIANZAS. DÍA DA BIBLIOTECA
Para festexar o Día da Biblioteca, iniciamos un proxecto para visibilizar e dar a coñecer o traballo que realizamos xunto a outras entidades
Para festexar o Día da Biblioteca, iniciamos un proxecto para visibilizar e dar a coñecer o traballo que realizamos xunto a outras entidades
Esta edición contou co comisariado de Carmen Domingo que elixiu como fío condutor “Antes, durante y después de las guerras”; un dos textos seleccionados é do poema “Muller a facer vento” da autora Luz Pozo Garza.
Entre todos os boletos repartidos na caseta da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas durante a Feira do Libro en de Vigo realizouse o sorteo o 08/07/2022 e resultaron premiados os seguintes
Un ano máis, a biblioteca uniuse a este proxecto literario. Este ano a caseta rendeu unha pequena homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar e á súa obra, centrándose no Mapa Literario de Vigo; e en concreto nas localizacións da cidade nas obras de Domingo
Lectura pública dos textos de Domingo Villar ofrecida polo grupo de voluntarios
As súas palabras sempre bailarán ao son das ondas da súa amada Ría de Vigo
Espectáculo de versos e crónicas ao redor da obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha viaxe dende o Barco de Valdeorras a México. Unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente
Para celebrar o Día do Libro levamos a cabo o obradoiro de «Imprenta Creativa: Superpoderes das aves», da man de Alouette Machine
Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil albergamos unha instalación na zona infantil da biblioteca onde os/as visitantes podían gozar de diferentes experiencias para poder explorar os contos e o espazo doutro xeito diferente
O pasado día 11 de xaneiro celebramos o Día do/a usuario/a das bibliotecas, unha das nosas datas favoritas, xa que o noso público é o máis importante. As persoas que veñen á biblioteca en busca de información, de formación, na procura dun lugar de encontro e de ocio son as que dan sentido ao noso labor.