Ven, participa e descobre: actividades para todos os públicos
A hora dos contos: Juan Juste
Juan Juste ofreceunos unha montaxe de teatro de papel pop-up e marionetas, tamén de papel, na que nos contou a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.
O 8 de marzo as entidades de Social Calvario unímonos para festexar xuntas o Día Internacional da Muller
Baixo o lema “Libres, fortes e unidas por ti e por todas” realizamos un mural colectivo no que as persoas participantes puideron deixar plasmadas as súas reivindicacións relacionadas con este día
Contos Dakí: Celso F. Sanmartín
A sesión de Contos Dakí do mes de febreiro coincidiu coa celebración do Día de Rosalía, polo que non podíamos deixar pasar a ocasión para que os versos da poeta se colasen entre as historias que desta vez nos trouxo Celso Sanmartín
Día de Rosalía: Obradoiro artístico
O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía e para festexalo celebramos un obradoiro coas mulleres do proxecto Calí da Fundación Secretariado Xitano.
Obradoiro de uso do móbil
Neste pequeno obradoiro pretendiamos afrontar dende cero as dificultades e dúbidas que tiñan as nosas usuarias na utilización dos seus dispositivos móbiles.
Entre arrolos e contiños
Bea e Pombal chegaron ataviados cos seus disfraces para festexar os últimos días do Entroido cunha sesión de contos chea de historias e de cancións.
A hora dos contos: Boniface Ofogo
Arrincamos o entroido este Xoves de Comadres cunha sesión da Hora dos Contos moi especial, na que nos acompañou o escritor camerunés Boniface Ofogo para traernos unha presiña de contos traídos do corazón de África
11F Día da muller e a nena na ciencia
Como cada ano a biblioteca colabora coa iniciativa do 11F para visibilizar o traballo das mulleres que se adican an campo daa STEM, creando así referentes femininos que contribuen a elección destas áreas como carreiras profesionais
Visita alumnado de Integración Social
Un ano máis achegáronse á biblioteca o alumnado de 2º curso de Integración Social do Colexio San A función social das biblioteca.Visita do alumnado do ciclo de Integración Social do CPR San José de la Guía
Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto
Cada ano, en torno ao 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra toda forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos
Contos Dakí: Avelino González
Unha nova sesión de Contos Dakí cun dos contadores “Residentes”, Avelino González, habitualmente as súas historias están ambientadas na cidade. Comezamos lembrando personaxes míticos da cidade, quen non recoñece a Tocho, coas súas características crónicas deportivas...
Lecturas de coidado
A Biblioteca Xosé Neira Vilas participou no I Encontro de Lecturas de coidado organizado pola Fundación Uxío Novoneyra que tivo lugar o pasado mes de xaneiro no Hospital Psiquiátrico de Conxo (Santiago de Compostela)











