Biblioteca

Biblioteca “Xosé Neira Vilas”

A biblioteca “Xosé Neira Vilas” é unha biblioteca pública, tanto pola titularidade, que é municipal, como polas persoas ás que se dirixe: ao conxunto da cidadanía sen ningún tipo de distinción de idade, raza, sexo, relixión, condición ou opinión.

A parte de prestar os servizos tradicionais dunha biblioteca, pon énfase no desenvolvemento de servizos e recursos adaptados ás necesidades culturais e informativas específicas do seu contorno establecendo vínculos de cooperación coas organizacións cidadás da súa área de influencia.

A súa misión é a de ser un centro territorial de comunicación, información e promoción lectora; un espazo referente para a zona, no que a veciñanza acude para xerar demandas, satisfacer as súas necesidades ou simplemente un lugar de encontro, integrador das distintas sensibilidades sociais e vitais que coexisten e conviven ao seu redor.