Préstamo
Para poder levar libros, revistas, CD, DVD, etc. en préstamo así como
para acceder a internet, é necesaria a inscrición previa como socio/a
da biblioteca municipal, onde se entregará un carné acreditativo.
Préstamo especial
ofrece ás persoas usuarias maiores de 80 anos, ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada un servizo personalizado.
Préstamo a domicilio
ofrece ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.
Catálogo informatizado
No catálogo xeral pódense consultar as referencias bibliográficas de todos os documentos conservados na Biblioteca: libros, prensa, audiovisuais e rexistros sonoros.
Libro electrónico: GaliciaLe
Galicia é a plataforma tecnolóxica que pon a disposición dos cidadáns para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.
Audiovisual en streaming: eFilm Vigo
Acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos ou curtametraxes, entre outros.
Acceso internet
Este servizo ten como finalidade o acceso da cidadanía á información, á formación, á cultura e ao ocio a través das novas tecnoloxías. Equipos informáticos públicos e Wifi.
Acceso multimedia
Este servizo ten como finalidade o acceso da cidadanía á cultura e ao ocio a través das novas tecnoloxías.
Actividades
proporcionarase asesoramento bibliotecario, orientación na busca de fondos e/ou na busca de información, orientación lectora, etc..
Servizos en liña
posibilidade de acceder a determinados servizos, tales como: Consulta do fondo, renovación de préstamos, propostas de adquisicións, historial de lecturas, listas privadas e públicas
Servizo de reprografía
ofrece o Servizo de reprografía (fotocopias e impresión de documentos), estando o servizo suxeito á lexislación española en materia de propiedade intelectual.
Asesoramento ad hoc
Asesoramento para persoas usuarias sen experiencia dixital en tramitacións online, solicitudes de traballo, manexo de dispositivos móbiles para bibliotecas dixitais.
Servizo de autopréstamo
ofrece o servizo de autopréstamo. As persoas usuarias poderán emprestar e devolver os seus libros e Cds de música de forma independente e sen ter que pasar polo mostrador.