Acceso Multimedia

Acceso Multimedia

Este servizo ten como finalidade o acceso da cidadanía á cultura e ao ocio a través das novas tecnoloxías.

A biblioteca dispón:

  • WII
  • Play Station3
  • 3 reproductores de Blu-Ray
  • 2 reproductores portátiles de Dvd
  • Equipo alta fidelidade, Mp4

Normas de uso das consolas:

  • O uso das consolas é gratuíto.
  • O horario é o mesmo que o da biblioteca. Non se poderá acceder a este servizo media hora antes do peche da biblioteca.
  • Este servizo poderá ser utilizados por persoas maiores de 16 anos. As persoas menores de esta idade terán que contar coa autorización do pai/nai/titor/a. As persoas menores de 9 anos deberán estar sempre acompañados dunha persoa maior responsable.
  • O préstamo das consolas realízase no mostrador da entrada.
  • Para solicitar o servizo cómpre presentar o carné de socio/a da biblioteca na entrada. Sen o carné non se poderá acceder aos xogos.
  • O carné quedará en depósito ata devolver o xogo e os mandos.
  • O uso das consolas de uso público será dunha hora diaria como máximo.
  • Despois do uso dunha consola non pode accederse a outra no mesmo día.
  • Cada consola será utilizada por dúas persoas como máximo.
  • Se unha segunda persoa quere acceder a un xogo debe ter o consentimento da persoa que estea xogando nese momento. Este segundo xogador estará dentro da hora do primeiro xogador e non poderá acceder de novo a outra consola.
  • Unha vez escollido un xogo non se poderá cambiar por outro.
  • O abandono do xogo ou do material comportará a perda do uso do mesmo.
  • A persoa prestataria é o único responsable do material.
  • O acceso aos xogos está supeditado á celebración de calquera actividade.
  • Se os xogos non funcionan adecuadamente, informarase ao persoal do centro.
  • A biblioteca non será responsable dos problemas técnicos.
  • O persoal responsable da biblioteca poderá restrinxir o acceso ao servizo que considere inoportuno e/ou inadecuado.