Servizo Bibliolabora
Asesoramento de aplicacións TIC e solicitudes de traballo, para aquelas persoas usuarias interesadas. O persoal capacitado da biblioteca pode axudar a persoas en procura de emprego coas solicitudes de traballo en liña, ingresar os datos persoais e atopar o traballo correcto.
Tramitación dixital
Asesoramento para persoas usuarias sen experiencia dixital en tramitacións online; certificado de empadroamento, cita para ITV, renovación do DNI…
Asesoramento sobre bibliotecas dixitais
Fomentar o uso das novas plataformas de préstamo dixital (eFilmVigo e GaliciaLe), asesorando a todas aquelas persoas interesadas no manexo dos dispositivos móbiles e programas necesarios para a visualización dos contidos.