Conductas nas actividades

Conducta nas actividades biblioteca Neira Vilas

Normas de comportamento nas actividades

  • Manter unha conduta adecuada e de respecto cara ao resto das persoas usuarias.
  • Gardar silencio ou falar baixo.
  • Coidar o mobiliario e o material. Manter a biblioteca limpa e ordenada.
  • Non facer fotografías nin gravar as actividades.
  • O aforamento será o establecido polo persoal da biblioteca.
  • Unha vez comezada a actividade o persoal da biblioteca poderá negar o acceso á mesma.
  • Respectar a idade especificada para cada actividade.
  • Nas actividades o público infantil ten que estar acompañado dunha persoa adulta. En caso contrario o persoal da biblioteca informará debidamente ás persoas responsables do público participante.
  • A biblioteca non se fai responsable da custodia do público infantil.
  • Para o bo funcionamento da actividade, recoméndase saír se o público infantil está canso.
  • A saída da actividade farase de forma ordenada e seguindo as indicacións do persoal da biblioteca.
  • Estas normas poden ser revisadas e actualizadas pola biblioteca coa finalidade de mellorar o funcionamento das actividades.