• Cita a cegas

    Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo, Pontevedra, Spain

    Ofrecémosvos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario.
    Na biblioteca teredes á vosa disposición unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos desvelen o seu segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un frechazo a primeira vista!

  • Adopta unha semente

    A biblioteca pon en marcha unha iniciativa aberta ao público usuario e ás entidades interesadas. Durante o mes de agosto entregaranse sementes acompañadas dunha carta simbólica de “adopción”, convidando ás persoas participantes a responsabilizarse do seu cultivo e seguimento.
    Ao longo dos próximos meses, a biblioteca realizará un seguimento da evolución das plantas, promovendo a participación e o intercambio de experiencias arredor desta actividade, que busca crear espazos de encontro, aprendizaxe e conexión coa comunidade.

  • Encontro con Arantxa Fernández. Anisia Miranda e a nación dispersa

    Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo, Pontevedra, Spain

    A biblioteca convida a asistir á conferencia "Anisia Miranda e a nación dispersa", impartida por Arantxa Fernández Crespo, profesora da Universidade da Habana, presidenta da Cátedra de Cultura Galega e investigadora das relacións entre Galicia e Cuba.

  • Encontro con César Cequeliños

    Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo, Pontevedra, Spain

    César Lorenzo Gil (Arbo, 1977) é editor, xornalista, crítico literario e escritor. Dirixe a editorial Aira e edita a revista literaria dixital Biosbardia. No 2023 gañou o Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega coa novela Sábeme a salamántiga o ceo da boca.

  • G-Night: Charla ciéntífica

    Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo, Pontevedra, Spain

    O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia ás rúas, museos, centros educativos, bares e tamén á nosa biblioteca.