• Obradoiro: Deseño de Bechos

    Neste obradoiro monográfico de deseño de bechos observaremos as principais características dos nosos insectos favoritos, debuxaremos e recortaremos cada unha das pezas da súa anatomía, definiremos a súa silueta e xogaremos con todos estes elementos para montar un insectario imaxinario colectivo.

  • Adopta unha semente

    A biblioteca pon en marcha unha iniciativa aberta ao público usuario e ás entidades interesadas. Durante o mes de agosto entregaranse sementes acompañadas dunha carta simbólica de “adopción”, convidando ás persoas participantes a responsabilizarse do seu cultivo e seguimento.
    Ao longo dos próximos meses, a biblioteca realizará un seguimento da evolución das plantas, promovendo a participación e o intercambio de experiencias arredor desta actividade, que busca crear espazos de encontro, aprendizaxe e conexión coa comunidade.