Normas básicas
A BIBLIOTECA É DE TODOS/AS
As bibliotecas son espazos abertos para o encontro e a comunicación. Por iso cómpre o respecto e coidado dos libros e dos demais materiais por parte de todas as persoas usuarias. As normas de comportamento na biblioteca non permiten:
- Fumar.
- Facer fotografías, gravar ou rexistrar imaxes na biblioteca, por calquera medio ou recurso técnico, sen previa autorización.
- Usar teléfonos móbiles.
- Comer ou beber nas dependencias da biblioteca.
- O acceso de animais (agás cans guía).
- Calquera outra actividade ou conduta prexudicial para as persoas usuarias da biblioteca, ou dos bens que están nela.
A perda ou deterioro do material suporá repoñer o documento extraviado ou estragado, ou outro de similares características a proposta da biblioteca.