Normas inscripción nas actividades adulto

Normas inscrición

 

  • A inscrición das actividades comeza na hora e no día indicado no programa de actividades.

 

 

  • A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, a través do teléfono 986267759, ou ben mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seguintes datos da persoa participante: nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e correo electrónico.

 

 

  • As solicitudes (tanto presenciais, como telefónicas ou por correo electrónico) que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta.

 

 

  • As prazas cóbrense por orden de chegada, atendendo ao mesmo tempo ao correo electrónico, ao teléfono e ás inscricións presenciais.

 

 

  • As solicitudes de inscrición enviadas por correo electrónico que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta.

 

 

  • As persoas inscritas deben ter a idade indicada para cada actividade.

 

 

  • Cada solicitante poderá realizar unha única inscrición por actividade e soamente por unha das vías (telefónica, mail ou presencial).

 

 

  • No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión. Se non desexas participar na reportaxe, cominícao o comezo da actividade.

 

 

Vigo, 16 de marzo de 2015