Normas inscrición
- A inscrición das actividades comeza na hora e no día indicado no programa de actividades.
- Se a inscrición comeza un luns, o prazo de inscrición comezará ás 17.00 h; que é a hora de apertura da biblioteca para este día da semana.
- A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, a través do teléfono 986267759, ou ben mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seguintes datos da persoa participante: nome e apelidos, idade, nome e apelidos da persoa acompañante, teléfono de contacto e correo electrónico.
- As solicitudes (tanto presenciais, como telefónicas ou por correo electrónico) que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta.
- As prazas cóbrense por orden de chegada, atendendo ao mesmo tempo ao correo electrónico, ao teléfono e ás inscricións presenciais.
- As solicitudes de inscrición enviadas por correo electrónico que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta.
- As persoas inscritas deben ter a idade indicada para cada actividade.
- Cada solicitante poderá realizar unha única inscrición por actividade e soamente por unha das vías (telefónica, mail ou presencial).
- Cada solicitante poderá inscribir a unha única persoa, coa excepción dos irmáns, que poderán inscribirse conxuntamente.
- Nas actividades destinadas para público infantil permitirase un máximo de dúas persoas acompañantes adultas por neno/a.
- No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión. Se non desexas participar na reportaxe, cominícao o comezo da actividade.
- Estas normas poden ser revisadas e actualizadas pola biblioteca coa finalidade de mellorar o funcionamento das actividades.